Un día fun ata a
casa do meu avó, e este contoume unha gran historia que endexamais esquecerei.
Esta historia
contaba unha anécdota que a el mesmo lle pasara cando traballaba.
Un día pola noite, o
meu avó e os seus compañeiros mariñeiros, decidiron ir ata un bar preto de San Martiño, alí
cearon, beberon, falaron...
Contoume que un
compañeiro seu (Marcos) emborrachouse, e saíu correndo ata o campo santo de
alí. Mentres os seus compañeiros e o meu avó quedaran alí no bar esperando a
ver o que pasaría.
A Marcos
ocorréuselle coller unha caveira que alí mesmo atopou, críamos que a atopara
nun recinto privado, dunha familia do
pobo.
Marcos a colleu
principalmente para asustarnos, cando a trouxo para o bar, todos comezaron
a gritar, pasáronna pola mesa, e iso non
fora o máis raro, cando estaban xa moi borarachos, comezaron a falar con ela e
crían que esta contestaba todo, pero o meu avó sabía que era mentira. Despois
de falar con ela, a Marcos ocorréuselle a brillante idea de darlle de beber e
comer, como se fora unha persoa máis.
Aquela noite o
habían pasado moi ben, todo había sido risas e diversión.
Cando xa se ían
retirar cada un para o seu fogar, o meu avó, recomendoulle a Marcos que fora a
deixar a caveira no mesmo sitio onde a collera. O único problema era que Marcos
non se lembraba onde a había collido.
Todos os compañeiros
(incluído o meu avó) foron ata o campo santo a deixala onde puideran.
Camiñaron e camiñaron,
ata que Marcos lembrouse onde a había collido, todos contentos porque xa
cansaran de camiñar, foron a lebala ao seu sitio.
Xusto despois de
deixala no chan, Marcos regresou cos seus amigos, que o esperaban na porta.
Despedíronse e cada un marchou ao seu fogar.
Marcos marchou de
primeiro, pero regresou correndo cando viu a caveira no seu coche. Nadie sabía
que había pasado, xa que todos xurarían que a deixaran no campo santo.
O meu avó correu de
novo ao bar e pediu un teléfono para chamar ao cura, xa que habían realizado o
mesmo procedimiento varias veces. Este chegou rapidísimo, e o primeiro que fixo
foi tirarlles das orellas por ser tan atrevidos.
Finalmente, o meu
avó contoume que o cura logrou que a caveira descansase en paz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario