sábado, 9 de junio de 2018

A moura e o peite de ouro. Lara Jalda


A un home chégalle o rumor de que tódolos días unha moura sae de unha poza cun peite de ouro o cal, según din, está encantado e ela peitea o seu loiro e largo cabelo con él sentada nunha pedra así que o home, sen pensalo dúas veces fai un plan para roubalo, como lle dixeran que a moura ao acabar de peitear o seu cabelo deixaba o peite detrás dela aproveitaría ese momento para roubarlle o peite e así foi. Ao día seguinte o home foi a onde a poza e escondeuse detrás duns arbustos e agardou alí a que a moura saíra. Cando a moura acabou de peitear os seu cabelo deixou o peite detrás dela, como lle dixeran ao home. O home, como xa planeara colleu o peite e saíu correndo.

Cando chegou á súa casa deixou o peite nun baúl, ao cabo duns meses foi a ver se o peite seguía alí e atopouse con que aquel baúl no que soamente se atopaba o  peite agora estaba cheo de ouro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario