martes, 19 de junio de 2018

A cova da Paralaia. Lucía Cancelas


Habia unha vez unha nena que vivia cos seus avós nunha casiña pequena de Moaña.
Os avós eran moi probes e tiñan con eles á nena porque os pais marcharan a traballar polo mundo adiante e deixaran a súa filla Marina cos eles para que a coidaran.
Marina vivía moi feliz naquela casa e os avós eran moi cariñosos con ela, axudaballes nas tarefas da casa e do campo que tiñan para alimentarse e darlle de comer tamén aos animais.
Todolos os días a avoa contaballe un conto cando Marina se deitaba para durmir, eran contos e historias que pasaran na súa aldea e noutros sitios máis lonxanos. A nena disfrutaba e aprendía moito das historias e contos da avoa.
Un día,  a súa avoa contoulle unha historia moi bonita que pasara en A Paralaia, o monte que habia cerca da súa casa.; Como todas as noites, cando se metía en cama viña a avoa empezaballe a contar a historia:
"Contan os máis vellos do pobo....... que no monte onde vas pastar as vacas e que se coñece como O Monte de A Paralaia , un neno estaba a pastar o gando e atopou un buraco que lle chamou a atención, pero como se facía tarde non entrou nela e tivo que marchar a casa coas vacas para gardalas na corte . Cando chegou a casa contoulle o descubrimento ao seu pai e este dixolle que o buraco que atopara chamábeselle A Cova de A Paralaia, e que fora unha cova que en tempos antergos os mouros  cavaran no monte de moitos metros de largo e que chegaba dende alí ata A Torre en Meira, a cova servía para levar de xeito oculto os tesouros que tiñan os mouros para escondelos e que non llos roubaran. Ademáis , a nada que se entrara na cova, podíase escoitar o ruido do mar, porque había un túnel que chegaba hasta Cabo Udra en Bueu e chegaba o ruido das olas que batían contra as pedras. De todos os xeitos o pai avisoulle ben ao neno . " Non se che ocurra entrar na cova, porque hai un cruce de sete camiños e toda persoa que entre e escolla un dos sete camiños ,convirtese en escaleira"
Cando a avoa rematou de contar a historia, Marina xa  soñaba cos tesouros que tiña na casa atopados na cova, e como  con eles os avós arreglaban a casa e os seus pais podian vir do extranxeiro para vivir todos xuntos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario