Xan era un neno moi revoltoso que todo queria saber, vivia cos seus pais e avos na casa que tiñan en O Con. Os domingos, Xan iba coa súa avoa á misa a Tirán. A avoa sempre iba coas súas amigas a misa da 1 e cando a marea estaba baixa, iban pola area da praia para non dar unha volta que lle levaba máis tempo e cansabanse máis.
Un domingo Xan iba un pouco retrasado da súa avoa cara a misa, e ao pasar pola praia , mirou unha cova que lle chamou a atención e quiso entrar nela, pero a avoa ao ver que se retrasaba , foino buscar e dixolle que se apurara que iban chegar tarde a misa, Xan foi detrás dela e preguntoulle moi nervioso que era aquela cova, a avoa dísolle que llo contaría cando rematara a misa.
No camiño de volta, Xan viña coa avoa para casa e ao pasar pola cova, volveulle a preguntar que era aquela cova e onde ía dar, e a avoa dísolle que lle contaba a historia da cova si Xan lle prometía que nunca iba a entrar nela. Xan tiña ganas de saber toda a historia e contestoulle que sí, que lle prometía que nunca entraría nela, a avoa entonces contoulle a historia que a éla lle contara a súa nai:
Esa cova chámase A Cova da Lontra, e nela vive unha lontra que ten unhas garras moi fortes, é moi peluda e ten uns dentes moi grandes, polo que é moi peligroso acercarse á entrada, pois os mariñeiros contan que a lontra sae a a romper os aparellos coas súas garras e dentes, ademáis se te atopa por diante, incluso te pode comer. Cando a marea está subida, a cova enchese de agua e a lontra sae a nadar, cando a marea está baixa, pódese mirar a entrada da cova e a lontra permanece dentro escondida ou a descansar. Así que nadie debería acercarse á cova, pero un día, nas festas de San Xoán, uns amigos baixaron dende onde se facía a festa, no campo da Iglesia ata a praia e fixeron apostas a ver quen tiña valor de entrar na cova, os dous máis atrevidos entraron ainda que non chegaron ata o fondo porque se facía moi pequena, viron un resplandor vermello dentro da cova, e colleron moito medo e sairon rápidamente para fora, os mariñeiros máis vellos contan que a luz proven dos osos que caen do cimenterio que está a beira da Igesia de Tirán e encima da cova.
Ese domingo foi un día especial para Xan pois entendeu por que a avoa lle fixera prometer que nunca se acercaría a cova. Si lle facía caso e non se acercaba á cova, non lle pasaría nada malo. Estaba decidido, obedecería a sua avoa e cumpriria a súa palabra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario