martes, 19 de junio de 2018

A poza da moura. Lucía Cancelas

    Había  unha vez  en Domaio, no concello de Moaña  un home mouro moi moi rico e que tiña unha filla moi guapa.
O mouro e a sua filla vivian moi felices nunha casa que fixeran e na que vivian co resto da familia.
O pai era moi rico porque tiña barcos que andaban á sardiña. A filla axudáballe no seu traballo para aprender as artes do oficio e nun futuro seguir con traballo da súa familia.
Cando non traballaba, a moza moura gostaba de pasear polo monte vendo a bela  paisaxe da parroquia.
A moza moura, cando tiña tempo libre reuniase as agachadas nunha poza que habia no monte cun rapaz da zona que coñecera habia xa anos, pero que o seu pai prohibira verse con el xa que  non lle gustaba nada e quería para a súa filla un mozo rico.
Un dia, o pai sospeitou de que a súa filla andaba a verse  con aquel rapaz e decidiu seguila no seu paseo, cando a moza chegou á poza, esperou hasta que chegou o rapaz conversaron un pouco e o pai confirmou as súas sospeitas.
O pai despois de ver os mozos xuntos, votoulle a bronca da sua vida a sua filla e advertiu o mozo ca morte como volvera a achegarse á moza.
A filla botou a chorar e correu para a sua casa e encerrouse varios dias no seu cuarto, cada dia mais triste, dado que as ordes do seu pai no eran do seu agrado.
Despois de varios dias, a  moza moura decidiu ir ata a poza  para atoparse co mozo. Chegou ali, e ali estaba o rapaz, tamen triste. Ao verse, ambos alegraron a cara e conversaron ata que chegou a hora da cea. Cada un foi para a sua casa e decidiron verse o proximo dia.
Cando a  moza moura chegou a sua casa, o seu pai decatarase de que estaba moi alegre e sospeitou de que se volvera a reunir co mozo.
Aquela noite, o pai foi a casa do mozo e matouno. A moura decatarase do que fixera o seu pai, e decidiu afogarse na poza o dia de San Xoan pola pena que tiña enriba.
Dende enton,  as xentes do lugar coñecen a poza como a Poza da Moura, e dise que na noite de San Xoan, a moza moura sae da poza a peitearse e incluso hai quen di que  a escoita cantar.
Tamén contan que a moza e maís o rapaz viven xuntos e felices agochados na poza , e saen cando nadie os pode mirar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario