lunes, 4 de junio de 2018

A derradeira mentira. Ana Díaz Sticotti (Primeiro premio do Concurso de guión da Mostra de Teatro do Morrazo)

ESCENA 1
O decorado representa a sala de espera dun hospital. Hai un mostrador cun ordenador e tras el unha recepcionista que ollea unha revista de cotilleos. Tamén hai cadeiras onde tres persoas miran os seus móviles. Entra un novo paciente que vai onda a recepcionista.
PACIENTE: Ola, tiña cita ás tres en punto.
RECEPCIONISTA: Xa.
PACIENTE: Son as tres en punto
-RECEPCIONISTA: Xa
(Silencio)
PACIENTE: Non vai dicirme onde teño que ir ou??
RECEPCIONISTA:  Si
(A recepcionista pasa descaradamente a folla da súa revista de cotilleos)
PACIENTE:Mire señora
RECEPCIONISTA: Señorita
PACIENTE: Eu teño unha cita para unha revisión, e o seu traballo é dicirme onde teño que ir para facerme dita revisión.
RECEPCIONISTA: Non é o meu traballo.
PACIENTE: SI o é.
RECEPCIONISTA: Ah si?
(O paciente lévase as mans á cabeza, ráscase e decide volve falar)
PACIENTE: A ver
(A recepcionista vira a pantalla do ordenador sen levantar a vista da súa revista, no ordenador aparecen as citas dese día).
RECEPCIONISTA: Busque o seu nome.
(O paciente busca o seu nome na lista, e mira a sala a donde ten que ir.
RECEPCIONISTA: De nada.

ESCENA 2
Estamos na consulta dun médico. Hay un escritorio e dúas cadeiras, unha a cada lado. Nunha delas está sentado o médico que o recoñecemos porque leva unha bata branca. Tamén hai unha padiola. Entra o paciente.
PACIENTE: (Tímidamente) -Eh... Ola ?
MÉDICO: Pase pase, sente aquí (O médico sinálalle a cadeira alén do seu escritorio.)
O Paciente senta na cadeira. Silencio.
MÉDICO: Pasemos a facerlle próbalas
PACIENTE: Pero, non me debería sentar na padiola?
MÉDICO: Bah, tonterías
(O médico arríncalle dunha tirada a chaqueta ao paciente. Logo tócalle a barriga, acaríñalle a cabeza, e séntase encima do paciente)
MÉDICO: Teño malas noticias ?
(O médico rodeándolle o pescozo ao pacienteo co seu brazo)
PACIENTE: Que?
MÉDICO-: Quédalle un ano de vida
PACIENTE: !Que?! P-pero como pode saber iso?, ¡Si apenas me revisou ben!
MÉDICO: Ejem ? (sinalase a báta branca)
PACIENTE: Ah bo, desculpe doutor, mellor voume, g-grazas por todo.
(O paciente sae de escena. O médico quédase asubiando)

ESCENA TRES
Unha cadeira con volante simula un coche. Hai unha botella de auga ao seu carón.
O paciente está sentado. Ao principio parece tranquilo. Logo, de súpeto, comeza darlle golpes ao volante, chócase a cabeza contra a bocina do coche repetidas mentes, bebe auga, bótalla por encima. Por fin parece calmarse y arrinca o coche. Simula que conduce

ESCENA CATRO
O escenario representa unha habitación, cunha cama en un mobre con caixón.
O paciente está sentado na cama.
PACIENTE: Tiven unha vida triste e aburrida. Nunca fixen nada interesante. Hei morrer sen ter vivido realmente.
Silencio. Érguese, vai onda o mobre, abre o caixón e rebusca nervioso. Ao final atopa un papel.
PACIENTE: A lista dos propósitos de fin de ano. (O paciente móstralle a lista ao público) Nunca me atrevín a facelas.  Sempre desexando cousas, pero sen tempo para facelas o medo. (O paciente le a lista en alto).
:

1-            Declararme X, o amor da miña vida
2-            Gastarme todo o diñeiro para bens propios
3-            Comprar a miña propia casa
4-            Ter amigos
5-            Deixar de ser penoso.
(O paciente sae do seu cuarto coa lista na man).

ESCENA CINCO
Estamos ante a porta dunha casa. Hai unha muller guapa.  En medio do escenario hai unha persoa cun cartel grande no que se le “MES 1”. A persona do cartel retírase.  Aparece o paciente correndo. Detense diante da muller.
PACIENTE: (nervioso) M-m-m-m-m-e gústasme?
MULLER: Vale
O paciente a agarra fortemente e se besan.
O paciente diríxese ao público.
PACIENTE: Primer desexo cumprido.
ESCENA SEIS
Dúas tumbonas. Nelas están o paciente e a muller. Están en bañador, levan gafas de sol y toman un copa. No medio do escenario hay unha persoa cun cartel que pon “SEXTO MES”. A persoa do cartel retírase.
MULLER: Encántame esta nova casa con piscina e jacuzzi. Coido que non podería ser máis feliz.
PACIENTE: Agarda a que vexas o novo Porsche Cayenne que hai chegar mañán.
MULLER: Mercaches un Cayenne?
PACIENTE: Sí.
MULLER: Pero quedarías sen cartos.
PACIENTE: Os cartos están para gastalos.
Brindan coas copas e cada un bebe. Silencio.
PACIENTE: (dirixíndose ao público) 2do,  3er, 4º e quinto desexo cumpridos

ESCENA SETE:
Outra vez estamos na sala de espera do hospital. Hai xente sentada nas cadeiras e a recepcionista ollea unha revista de cotilleo detrás do mostrador. Unha persoa cun cartel anuncia “DERRADEIRO MES”. A persoa do cartel retírase e entra o paciente. O paciente vai cara a recepcionista, pero detense. Entra por un lateral o médico sentado nunha cadeira de rodas empurrado por un enfermero.
MÉDICO: (Berrando) Moriredes todos nun ano! Moriredes todos nun ano!
A recepcionista levanta a vista.
RECEPCIONISTA: (dirixíndose ao médico) Tomaches as pastillas?
MÉDICO: Moriredes todos nun ano!
FAMILIAR: S eica non.
A recepcionista sorrí.
RECEPCIONISTA: Vaia teima que ten con iso de ser médico.
FAMILIAR: Si. Xa anda outra vez coa tolemia de morrer nun ano.
O paciente está parado en medio da consulta.
PACIENTE: (despistado) Pero… pero… (dirixíndose ao falso médico) Entón non és médico? És un tolo. Non hei morrer nun ano.
MÉDICO: (dirixíndose ao público) Tolo eu? Arranxeille a vida e só me costou un ano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario