lunes, 1 de abril de 2019

Novena reunión do club manga.


Resultado de imagen de death note


Rematamos Death Note. É unha mágoa, porque estábamos enganchadísimos. Asemade, tamén vimos o anime. Puidemos ver algúns capítulos nos recreos, pero a maioría o tivemos que rematar na casa, porque son moitos capítulos.
Outra vez houbo debate: Qué é mellor, o manga ou o anime?
Os argumentos son un pouco os de sempre: o manga está mellor explcado, pero o anime vai máis rápido e ten cancións. Esta vez, para sorpresa de todos, o profesor Curro di que, sen que sirva de precedente, prefire o anime, porque o manga era demasiado lento e a voz en off funciona moito mellor que os globos de pensamento.

Seguimos traballando polas tardes para que esté todo listo para a Comic Moaña 2019. Xa temos data oficial: 3 e 4 de Maio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario