martes, 9 de abril de 2019

7 reunión do club de fantasía

Resultado de imagen de a casa do paralelo 54Incríble acollida por parte do alumnado de primeiro da ESO. Agora somos tantos no club, que non collemos nun aula normal e temos que ir ao salón de actos.

Nesta reunión damos a benvida ao novo alumando, explicámoslles como funciona o club e falamos do novo libro que imos ler. Hai propostas para todo. Curro di que cabe a posibilidade de que, en caso de ler A casa do Paralelo 54, veñan a autora Iria Collazo e a ilustradora Luz Beloso, a proposta ten boa acollida e optamos por este libro.

Quedamos para o mes que ven.

Ainda non podemos empezar a ler porque somos tantos que Curro non sabe como vai facer para ter libros para todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario