
Seguimos lendo
La Carretera. So restan dúas persoas para terminar o libro. Non queremos facerlles spoilers, así que deixamos o debate sobre o significado do final para a seguinte reunión. H confésase traumatizada pola escena do recién nacido asado ao espeto. Todos estamos de acordo en que é unha escena durísima, pero tamén en que ten significado dentro da novela. Non é violencia gratuita nin moito menos. Cormac McCarthy quéremos levar a un mundo onde as condicións de vida sexan o máis duras posibles. Sen as condicións mínimas para garartir a subsistencia, os seres humanos perdemos todo o que temos de humanidade y por iso aparece unha escena como a da nai que se come ao seu recén nacido. O mesmo sucede coa bodega humana. A humanidade, para selo, ten que ter as condicións mínimas para poder sobrevivir cubertas. En caso de que teñamos que loitar cada segundo para poder sobrevivir, sae o instinto e volvémonos animáis. A humanidade, para selo, ten que existir en sociedade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario