miércoles, 24 de abril de 2019
7ª Reunión do club dos clásicos
domingo, 21 de abril de 2019
11ª reunión do club manga.
Xa temos lido o primeiro volumen de Ghost in the Shell. Este manga non é moi longo, así que agardamos rematalo antes da seguinte reunión. En xeral está a ter boa acollida, sobre todo entre os maiores do club. Todos poñen en valor o contido filosófico da historia. Cara onde nos leva a biomedina?
Apenas temos dúas semanas antes da Comic Moaña 2019 e aínda temos tanto que facer! Hanerá que vir máis tardes
miércoles, 17 de abril de 2019
El hombre garabateado (Reseña de Rosa M.)
"El hombre garabateado", un thriller fantástico que presenta unha familia cun misterio que abarca varias xeracións, e un asesino que anda tras a familia. A historia é atrapante, e os debuxos son moi expresivos.
Recomendaría totalmente este cómic. É moi fácil de ler, e é tanto orixinal como atraínte.
martes, 16 de abril de 2019
El hombre garabateado (reseña de Álvaro Portela)
Recomendo moito este cómic, porque te sumerxe nunha trama profunda e atractiva onde non podes parar de ler. Ademáis non quita moito tempo por que se le moi rápido
7ª reunión do club de cómic tradicional.
L é unha rapaza que chegou hoxe nova ao noso club. Di que non lle gusta o cómic, pero vir un pouco por ver e porque veñen os seus amigos. Vai ler El hombre garabateado. A ver qué lle parece.
martes, 9 de abril de 2019
7 reunión do club de fantasía
Nesta reunión damos a benvida ao novo alumando, explicámoslles como funciona o club e falamos do novo libro que imos ler. Hai propostas para todo. Curro di que cabe a posibilidade de que, en caso de ler A casa do Paralelo 54, veñan a autora Iria Collazo e a ilustradora Luz Beloso, a proposta ten boa acollida e optamos por este libro.
Quedamos para o mes que ven.
Ainda non podemos empezar a ler porque somos tantos que Curro non sabe como vai facer para ter libros para todos.
lunes, 8 de abril de 2019
Décima reunión do Club Manga
Nesta reunión debatimos sobre o seguinte manga que imos ler. Houbo moitas suxerencias. A máis votadas foron:
Ghost in the Shell
Hunter x Hunter
Seven Deadly Sins
Berserk
Finalmente optamos por Ghost in the Shell.
lunes, 1 de abril de 2019
Novena reunión do club manga.
Rematamos Death Note. É unha mágoa, porque estábamos enganchadísimos. Asemade, tamén vimos o anime. Puidemos ver algúns capítulos nos recreos, pero a maioría o tivemos que rematar na casa, porque son moitos capítulos.
Outra vez houbo debate: Qué é mellor, o manga ou o anime?
Os argumentos son un pouco os de sempre: o manga está mellor explcado, pero o anime vai máis rápido e ten cancións. Esta vez, para sorpresa de todos, o profesor Curro di que, sen que sirva de precedente, prefire o anime, porque o manga era demasiado lento e a voz en off funciona moito mellor que os globos de pensamento.
Seguimos traballando polas tardes para que esté todo listo para a Comic Moaña 2019. Xa temos data oficial: 3 e 4 de Maio.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)