Mostrando entradas con la etiqueta club de clásicos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta club de clásicos. Mostrar todas las entradas

martes, 14 de mayo de 2019

8ª Reunión do club dos clásicos

Resultado de imagen de la carretera novelaAcaloradísimo debate sobre o final do libro: son os bos ou simplemente lle din eso a Chico para logo comelo? Polo que limos ata aquí, o lóxico sería que non tivesen boas intencións, pero... quen sabe? Hai opinións para todo.

Tamén fixemos unha reflexión sobre a personalidade de Padre. Neste mundo postapocalíptico onde as persoas perden a humanidade, o único que lle resta a Padre, e que o mantén como humano, é o amor polo seu fillo. Neste sentido é moi significativo o contraste coa nai e a escena onde lle recrimina ao seu marido que lles salvase a vida, perde a esperanza de atopar un lugar onde vivir a salvo e marcha sola cara o suicidio.

Novelón.

miércoles, 24 de abril de 2019

7ª Reunión do club dos clásicos



Resultado de imagen de la carretera novela    Seguimos lendo La Carretera. So restan dúas persoas para terminar o libro. Non queremos facerlles spoilers, así que deixamos o debate sobre o significado do final para a seguinte reunión. H confésase traumatizada pola escena do recién nacido asado ao espeto. Todos estamos de acordo en que é unha escena durísima, pero tamén en que ten significado dentro da novela. Non é violencia gratuita nin moito menos. Cormac McCarthy quéremos levar a un mundo onde as condicións de vida sexan o máis duras posibles. Sen as condicións mínimas para garartir a subsistencia, os seres humanos perdemos todo o que temos de humanidade y por iso aparece unha escena como a da nai que se come ao seu recén nacido. O mesmo sucede coa bodega humana. A humanidade, para selo, ten que ter as condicións mínimas para poder sobrevivir cubertas. En caso de que teñamos que loitar cada segundo para poder sobrevivir, sae o instinto e volvémonos animáis. A humanidade, para selo, ten que existir en sociedade.

lunes, 18 de marzo de 2019

6ª Reunión do club dos clásicos



Resultado de imagen de la carretera novela    Nova reunión do club dos clásicos, esta vez para falar de The Road, de Cormac McCarthy.

    O libro está a gustar. Todos estamos de acordo en que é un libro moi, moi duro. A pesar desta dureza, o alumnado di que o está a ler sen problemas, e máis de un recoñécese enganchado.

    Falamos un pouco da moda actual das narracións postapocalípticas e todos estamos de acordo en que é un xénero que da moito xogo. Ao por aos persoaxes nunha situación límite, perden todo o seu recubremento e tan so queda a súa esencia, a súa verdadeira personalidade. Esto é o que pasa na Carretera, ou alo menos no que temos lido até o de agora. Neste sentido, La Carretera lémbramos a The Walking Dead. Malia que un sexa unha narración de zombies e a outra unha loito por sobrevivir tras unha ecatombe nuclear, en ámbolos dous casos os persoaxes están sometidos a unhas condicións de vida tan duras que sae a súa verdeira personalidade. Non poden refuxiarse detrás das súas relacións ou das súas posesións. As persoas aparecen completamente denudas.

martes, 19 de febrero de 2019

Quinta reunión do club dos clásicos.

Resultado de imagen de estupor y tembloresEsta reunión foi un pouco atípica, xa que todos tiñamos xa lido o libro. Normalmente facemos algunhas reunións pola metade para ir compartindo impresións, pero Estupor y Temblores é bastante curto, polo que non o puidemos facer.

En xeral o libro gustou. "non é Mme Bovary", escoitouse dicir, pero, en termos xerais, gustou.

Os aspectos que máis nos chamaron a atención e do que estivemos a falar foi:

- O toque lixeiro que ten o libro, o que o fai moi doado de ler.

- É un libro que fai rir, o que non é doado de atopar.

Propónse como próxima lectura La Carretera de Cormac McCarthy. Curro avisa de que é exactamente o oposto a Estupor y Temblores. É un libro moi, moi duro. O club di que está preparado e que o quere ler, malia as observacións do profesor.

- Reflicte moi ben o choque de culturas. Neste punto houbo controversia, porque algunha das do club sinalou que a xefa da protoganista -cuxo nome en xaponés non son quen de recordar- ceelle moi mal, máis alá de que non poida entender a súa forma de entender a vida por ser xaponesa.

miércoles, 23 de enero de 2019

Madame Bovary (reseña de Rosa M,)

Resultado de imagen de emma bovary editorial galaxiaTrata sobre unha muller, Emma Bovary, que lía moitas novelas románticas, polo que tiña una visión distorsionada do amor, e soñaba con ter un romance como os que se contaban nesas historias. Ao longo da historia ten varios amantes, xa que non se sinte satisfeita co amor do marido.

Eu recomendaría ler este libro xa que é un clásico moi famoso. Pareceume moi interesante o punto de vista dun personaxe tan egoísta e odioso como Madame Bovary.

viernes, 11 de enero de 2019

4ª reunión do club dos clásicos.



Resultado de imagen de emma bovary editorial galaxia
Xa temos todos lido Mme Bovary e todos estamos de acordo en que é unha obra capital da historia da literatura. Non é só que sexa un libro moi entretido, senon que ten algo especial. Os membros do club on saben dicir exactamente qué é iso diferente que ten, pero se nota. Pensan que é o que diferencia as grandes obras da literatura de consumo. Tal vez non sexan tan vibrantes, pero teñen algo que as fai especial. Que é? Quen o sabe? Dende Platón levamos intentando saber que é o que diferencia un texto literario dun que non o é e aínda non o sabemos.

No que non houbo acordo foi en se a protagonista e un exemplo de feminismo adiantado ao seu tempo ou é unha egoísta. Mellor que non haxa consenso. Tal vez esto sexa o que fai dunha obra unha obra maestra, que se abren a multitude de interpretancións.

Como Madame Bovary é un libro bastante longo, o alumnado propón ler un un pouco máis curto, xa que andarán liados coas lecturas obligatorias das diferentes asignaturas. G, unha rapaza nova no club, di que faláronlle moi ben de Estupor y Temblores, de Amelie Nothomb, e pide se o podemos ler. A todos lles parece unha boa idea.

miércoles, 19 de diciembre de 2018

Terceira reunión do club de clásicos

Resultado de imagen de emma bovary

Neste reunión tivemos un acalorado debate sobre a protagonista: é Emma Bovary unha adiantada do feminismo ou é unha egoísta. Houbo opinións para todo. Agardamos a rematar a novela a ver se cambian algúns puntos de vista e chegamos a un acordo -ou non. Deixamos a resposta para a volta das vacacións.

jueves, 15 de noviembre de 2018

Segunda reunión do club de clásicos da literatura.




Resultado de imagen de madame bovary editorial galaxiaNesta segunda reunión falamos da diferencia nos tempos da narración da literatura clásica e da literatura actual. Mme Bovary ten un comezo lento -ollo, lento non quere dicir que sexa aburrido-, mentres que a literatura actual avanza a toda velocidade. Semella que a literatura actual nas vinte primeiras páxinas ten que ter un asasinato, a chegada dun detective, un amorío e sabe Deus cantas cousas máis. Pola contra, a obra de Flaubert que estamos a ler conta tranquilamente os primeiros anos da vida da protagonista. Non hai estridencias, nin acontecementos extraordinarios. Isto non quere dicir que sexa aburrido. Todo o contrario. O lector engánchase, pero dun xeito diferente, máis repousado.