miércoles, 20 de marzo de 2019

6 reunión do club de fantasía.

Os temas tratados na reunión de hoxe foron;

Resultado de imagen de o hobbit galego- É mellor o libro ou a película? Semella que o libro, porque podes imaxinar todo como a ti te gusta.

- E mellor O Hobbit ou O Señor dos Aneis? Aínda que non todos poden opinar porque non todos leron O Señor dos Aneis, os que si o fixeron o prefiren antes que O Hobbit.

- A diferencia entre o xeito de escribir Tolkien e os autores de fantasía épica máis modernos. Estes últimos van moito máis rápido. Aínda que Tolkien non sexa moi lento, nótase a diferencia.

- Comentamos o programa da Radio Galega onde entrevistaron a dúas rapazas deste club. Unha confesou que o seu autor preferido e Tolkien e a outra Laura Gallego. Houbo un pequeno debate ao respecto.

- Varios nenos de primeiro da ESO comentaron que querían unirse ao club, pero que non o fixeron antes porque non sabían que existía. Curro di que había carteles por todo o instituto, pero comprométese a ir polas clases de primeiro avisando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario