martes, 12 de marzo de 2019

6ª reunión do club de cómic tradicional.

Resultado de imagen de fun home comic galego
Esta reunión falamos de Fun House de Alison Bechdel. Decidimos abandonar esta lectura porque non está a funcionar. Resúltalles pesada e non acaban de entrar na historia. A linguaxe e os temas tratados non acaban de enganchalos. Como a finalidade dos clubs de lectura é o fomento da lectura, decido cambiala. Non ten sentido obrigar aos rapaces a ler algo que non lles gusta. Ao club de lectura se ven  a disfrutar, non a sufrir. O cómic elexido para substituir a Fun House é El hombre garabateado. É un cambio de rexistro total. Imos cara un thriller trepidantes. A ver que pasa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario