miércoles, 27 de marzo de 2019
8ª reunión do club de cómic tradicional
Última reunión do club de cómic tradicional. Xa limos os tres cómics programados para este ano. Esta reunión é para recomendar algúns cómics para que cada un lea pola súa conta.
Recomendamos:
Los asesinatos del lunes negro.
El caballero oscuro.
Calquera dos cómics de Seth.
Malas ventas de Alex Robinson
Agujero negro de Charles Burns.
Laura, a rapaza que viu por primeira vez á ultima reunión, di que El hombre garabateado gustoulle moitísimo. Estamos moi felices e agardamos que se enganche a lectura de cómics.
miércoles, 20 de marzo de 2019
6 reunión do club de fantasía.
Os temas tratados na reunión de hoxe foron;
- É mellor o libro ou a película? Semella que o libro, porque podes imaxinar todo como a ti te gusta.
- E mellor O Hobbit ou O Señor dos Aneis? Aínda que non todos poden opinar porque non todos leron O Señor dos Aneis, os que si o fixeron o prefiren antes que O Hobbit.
- A diferencia entre o xeito de escribir Tolkien e os autores de fantasía épica máis modernos. Estes últimos van moito máis rápido. Aínda que Tolkien non sexa moi lento, nótase a diferencia.
- Comentamos o programa da Radio Galega onde entrevistaron a dúas rapazas deste club. Unha confesou que o seu autor preferido e Tolkien e a outra Laura Gallego. Houbo un pequeno debate ao respecto.
- Varios nenos de primeiro da ESO comentaron que querían unirse ao club, pero que non o fixeron antes porque non sabían que existía. Curro di que había carteles por todo o instituto, pero comprométese a ir polas clases de primeiro avisando.

Xuntanza dos clubs manga no IES María Soliño
Entre o traballo para organizar a Comic Moaña 2019 e a inesquecible xuntanza cos nosos amigos do IES María Soliño de Cangas, non tivemos tempo para xuntarnos para falar de manga.
Aquí tedes o vídeo da xuntanza no María Soliño.
Aquí tedes o vídeo da xuntanza no María Soliño.
lunes, 18 de marzo de 2019
6ª Reunión do club dos clásicos
O libro está a gustar. Todos estamos de acordo en que é un libro moi, moi duro. A pesar desta dureza, o alumnado di que o está a ler sen problemas, e máis de un recoñécese enganchado.
Falamos un pouco da moda actual das narracións postapocalípticas e todos estamos de acordo en que é un xénero que da moito xogo. Ao por aos persoaxes nunha situación límite, perden todo o seu recubremento e tan so queda a súa esencia, a súa verdadeira personalidade. Esto é o que pasa na Carretera, ou alo menos no que temos lido até o de agora. Neste sentido, La Carretera lémbramos a The Walking Dead. Malia que un sexa unha narración de zombies e a outra unha loito por sobrevivir tras unha ecatombe nuclear, en ámbolos dous casos os persoaxes están sometidos a unhas condicións de vida tan duras que sae a súa verdeira personalidade. Non poden refuxiarse detrás das súas relacións ou das súas posesións. As persoas aparecen completamente denudas.
martes, 12 de marzo de 2019
6ª reunión do club de cómic tradicional.
Esta reunión falamos de Fun House de Alison Bechdel. Decidimos abandonar esta lectura porque non está a funcionar. Resúltalles pesada e non acaban de entrar na historia. A linguaxe e os temas tratados non acaban de enganchalos. Como a finalidade dos clubs de lectura é o fomento da lectura, decido cambiala. Non ten sentido obrigar aos rapaces a ler algo que non lles gusta. Ao club de lectura se ven a disfrutar, non a sufrir. O cómic elexido para substituir a Fun House é El hombre garabateado. É un cambio de rexistro total. Imos cara un thriller trepidantes. A ver que pasa.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)