lunes, 15 de octubre de 2018

Primeira reunión do club de lectura de clásicos da literatura.

madame bovary

Nesta primeira reunión formamos o grupo. Somos seis mulleres. Vaia sorpresa, non temos homes que len!

Decidimos ler Madamme Bovary de Gustave Flaubert. A edición elexida é a da Editorial Galaxia. O libro foi proposto por R, unha veterana dos nosos clubs de lectura. Seguro que non nos hai defraudar!

martes, 2 de octubre de 2018

Primeira reunión do club de lectura de cómic tradicional para adultos. Somos dez.
Nesta primeira reunión debatimos sobre que cómic imos ler primeiro. Só houbo unha proposta por parte do alumnado, que foi The Umbrella Academy, pero foi desestimada porque non é un cómic para adultos, senon, máis ben, unha historia de superheroes un tanto disfuncionais. Ainda que hai historias de superheroes para adultos, coma a maioría das revisións que se están a facer agora -o pioneiro foi Fran Miller con Batman-, non é o caso de The Umbrella Academy. Ademáis, agora están a botar a adaptación do cómic a serie en Netflix e algúns dos participantes no club xa a viron e prefiren algo completamente novo para eles.
Outro problema importante que temos para elexir un cómic é o idioma. En galego non hai moitos cómics con certa calidade -nin de producción propia, nin traduccións-. Ao final optamos por Persépole.

lunes, 1 de octubre de 2018

Primeira reunión do club de literatura fantástica.



Aquí estamos. Somos cinco.

Nesta reunión decidimos qué libros imos ler:

Empezamos polos  O libro de Terramar Ursula K. Le Guin e continuaremos co  Hobbit de Tolkien. Deixamos a terceira lectura para máis adiante.

Primeira reunión do Club Manga

tokyo
Hoxe tivemos a primeira reunión do Club Manga. Foi unha reunión moi especial, na que nos atopamos cos vellos amigos e tamén cos novos membros do noso club que chegramos este ano ao noso instituto. Benvido este alumnado de primeiro da ESO!
Nesta primeira reunión, ademáis dos reencontros e as benvidas, chegamos a varios acordos:
a) Este ano temos forzas para repetir de novo a Comic-con, coa colaboración dos nosos veciños do IES As Barxas. Debido a que hai unha empresa de Cádiz que ten rexistrado o nome “Comic-Con”, e que amenazáronnos con denunciarnos se empregábamos de novo ese nome, imos trocar o nome por Cómic Moaña 2019. Tanto os antigos membros do club, como os recén chegados, comprometéronse a traballar arreo para que todo volva a saír coma o ano pasado.
b) O manga que imos ler no primeiro trimestre é Tokyo Ghould. Malia que a mairía dos nosos veteranos xa o leron, considerouse que é un bó xeito para os novos de adentrarse no mundiño manga. Os alumnos que xa tiñan lido, din que estarán encantados de volvelo a ler.

martes, 19 de junio de 2018

A poza da moura. Lucía Cancelas

    Había  unha vez  en Domaio, no concello de Moaña  un home mouro moi moi rico e que tiña unha filla moi guapa.
O mouro e a sua filla vivian moi felices nunha casa que fixeran e na que vivian co resto da familia.
O pai era moi rico porque tiña barcos que andaban á sardiña. A filla axudáballe no seu traballo para aprender as artes do oficio e nun futuro seguir con traballo da súa familia.
Cando non traballaba, a moza moura gostaba de pasear polo monte vendo a bela  paisaxe da parroquia.
A moza moura, cando tiña tempo libre reuniase as agachadas nunha poza que habia no monte cun rapaz da zona que coñecera habia xa anos, pero que o seu pai prohibira verse con el xa que  non lle gustaba nada e quería para a súa filla un mozo rico.
Un dia, o pai sospeitou de que a súa filla andaba a verse  con aquel rapaz e decidiu seguila no seu paseo, cando a moza chegou á poza, esperou hasta que chegou o rapaz conversaron un pouco e o pai confirmou as súas sospeitas.
O pai despois de ver os mozos xuntos, votoulle a bronca da sua vida a sua filla e advertiu o mozo ca morte como volvera a achegarse á moza.
A filla botou a chorar e correu para a sua casa e encerrouse varios dias no seu cuarto, cada dia mais triste, dado que as ordes do seu pai no eran do seu agrado.
Despois de varios dias, a  moza moura decidiu ir ata a poza  para atoparse co mozo. Chegou ali, e ali estaba o rapaz, tamen triste. Ao verse, ambos alegraron a cara e conversaron ata que chegou a hora da cea. Cada un foi para a sua casa e decidiron verse o proximo dia.
Cando a  moza moura chegou a sua casa, o seu pai decatarase de que estaba moi alegre e sospeitou de que se volvera a reunir co mozo.
Aquela noite, o pai foi a casa do mozo e matouno. A moura decatarase do que fixera o seu pai, e decidiu afogarse na poza o dia de San Xoan pola pena que tiña enriba.
Dende enton,  as xentes do lugar coñecen a poza como a Poza da Moura, e dise que na noite de San Xoan, a moza moura sae da poza a peitearse e incluso hai quen di que  a escoita cantar.
Tamén contan que a moza e maís o rapaz viven xuntos e felices agochados na poza , e saen cando nadie os pode mirar.


A cova da Paralaia. Lucía Cancelas


Habia unha vez unha nena que vivia cos seus avós nunha casiña pequena de Moaña.
Os avós eran moi probes e tiñan con eles á nena porque os pais marcharan a traballar polo mundo adiante e deixaran a súa filla Marina cos eles para que a coidaran.
Marina vivía moi feliz naquela casa e os avós eran moi cariñosos con ela, axudaballes nas tarefas da casa e do campo que tiñan para alimentarse e darlle de comer tamén aos animais.
Todolos os días a avoa contaballe un conto cando Marina se deitaba para durmir, eran contos e historias que pasaran na súa aldea e noutros sitios máis lonxanos. A nena disfrutaba e aprendía moito das historias e contos da avoa.
Un día,  a súa avoa contoulle unha historia moi bonita que pasara en A Paralaia, o monte que habia cerca da súa casa.; Como todas as noites, cando se metía en cama viña a avoa empezaballe a contar a historia:
"Contan os máis vellos do pobo....... que no monte onde vas pastar as vacas e que se coñece como O Monte de A Paralaia , un neno estaba a pastar o gando e atopou un buraco que lle chamou a atención, pero como se facía tarde non entrou nela e tivo que marchar a casa coas vacas para gardalas na corte . Cando chegou a casa contoulle o descubrimento ao seu pai e este dixolle que o buraco que atopara chamábeselle A Cova de A Paralaia, e que fora unha cova que en tempos antergos os mouros  cavaran no monte de moitos metros de largo e que chegaba dende alí ata A Torre en Meira, a cova servía para levar de xeito oculto os tesouros que tiñan os mouros para escondelos e que non llos roubaran. Ademáis , a nada que se entrara na cova, podíase escoitar o ruido do mar, porque había un túnel que chegaba hasta Cabo Udra en Bueu e chegaba o ruido das olas que batían contra as pedras. De todos os xeitos o pai avisoulle ben ao neno . " Non se che ocurra entrar na cova, porque hai un cruce de sete camiños e toda persoa que entre e escolla un dos sete camiños ,convirtese en escaleira"
Cando a avoa rematou de contar a historia, Marina xa  soñaba cos tesouros que tiña na casa atopados na cova, e como  con eles os avós arreglaban a casa e os seus pais podian vir do extranxeiro para vivir todos xuntos.

A COVA DA LONDRA. Lucía Cancelas

Xan era un neno moi revoltoso que todo queria saber, vivia cos seus pais e avos na casa que tiñan en O Con. Os domingos,  Xan iba coa súa avoa á misa a Tirán. A avoa sempre iba coas súas amigas a misa da 1 e cando a marea estaba baixa, iban pola area da praia  para non dar unha volta que lle levaba máis tempo e cansabanse máis.
Un domingo Xan iba un pouco retrasado da súa avoa cara a misa, e ao pasar pola praia , mirou unha cova que lle chamou a atención e quiso entrar nela, pero a avoa ao ver que se retrasaba , foino buscar e dixolle que se apurara que iban chegar tarde a misa, Xan foi detrás dela e preguntoulle moi nervioso que era aquela cova, a avoa dísolle que llo contaría cando rematara a misa.
No camiño de volta, Xan viña coa avoa  para casa e ao pasar pola cova, volveulle a preguntar que era aquela cova e onde ía dar, e  a avoa dísolle que lle contaba a historia da cova si Xan lle prometía que nunca iba a entrar nela. Xan tiña ganas de saber toda a historia e contestoulle que sí, que lle prometía que nunca entraría nela, a avoa entonces contoulle a historia que a éla lle contara a súa nai:
Esa cova chámase  A Cova da Lontra, e nela vive unha lontra que ten unhas garras moi fortes, é moi peluda e ten uns dentes moi grandes, polo que é moi peligroso acercarse á entrada, pois os mariñeiros contan que a lontra sae a a romper os aparellos coas súas garras e dentes, ademáis se te atopa por diante, incluso te pode comer. Cando a marea está subida, a cova enchese de agua e a lontra sae a nadar, cando a  marea está baixa, pódese mirar a entrada da cova e a lontra permanece dentro escondida ou a descansar. Así que nadie debería acercarse á cova, pero un día, nas festas de San Xoán, uns amigos baixaron dende onde se facía a festa, no campo da Iglesia ata a praia e fixeron apostas a ver quen tiña valor de entrar na cova, os dous máis atrevidos entraron ainda que non chegaron ata o fondo porque se facía moi pequena, viron un resplandor vermello dentro da cova, e colleron moito medo e sairon rápidamente para fora, os mariñeiros máis vellos contan que a luz proven dos osos que caen do cimenterio que está a beira da Igesia de Tirán e encima da cova.
Ese domingo foi un día especial para Xan pois   entendeu por que a avoa lle fixera prometer que nunca se acercaría a cova. Si lle facía caso e non se acercaba á cova, non lle pasaría nada malo. Estaba decidido, obedecería a sua avoa e cumpriria a súa palabra.