Mostrando entradas con la etiqueta death note. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta death note. Mostrar todas las entradas

lunes, 1 de abril de 2019

Novena reunión do club manga.


Resultado de imagen de death note


Rematamos Death Note. É unha mágoa, porque estábamos enganchadísimos. Asemade, tamén vimos o anime. Puidemos ver algúns capítulos nos recreos, pero a maioría o tivemos que rematar na casa, porque son moitos capítulos.
Outra vez houbo debate: Qué é mellor, o manga ou o anime?
Os argumentos son un pouco os de sempre: o manga está mellor explcado, pero o anime vai máis rápido e ten cancións. Esta vez, para sorpresa de todos, o profesor Curro di que, sen que sirva de precedente, prefire o anime, porque o manga era demasiado lento e a voz en off funciona moito mellor que os globos de pensamento.

Seguimos traballando polas tardes para que esté todo listo para a Comic Moaña 2019. Xa temos data oficial: 3 e 4 de Maio.

lunes, 25 de febrero de 2019

Oitava reunión do club manga

Resultado de imagen de death note

Seguimos a comentar Death Note. Poucos mangas acadan a tensión coma este. Curro insiste en que pérdese un pouca a tensión polo lento que é, cantidade de viñetas adicadas a reflectir os pensamentos das personaxes. D sostén que, sen eses pensamentos, o manga non tería sentido, porque trátase do enfrentamento entre dúas mentes privilexiadas. Os seus pensamentos reflicten as estratexias de cada un. R di que no anime eso é máis rápido. Curro queíxase: Xa estamos outra vez co anime. Compremetémonos a rematar o manga e. ao facelo, veremos o anime para comprar. 

lunes, 18 de febrero de 2019

Sétima reunión do Club Manga

Despois da xuntanza no IES San Paio de Tui o noso club manga estivo moi activo reuníndose pola tardes para organizar a nosa gran xuntanza: A COMIC MOAÑA 2019. E xa podemos afirmar que este ano contaremos coa presenza de Víctor Gómez, o xenial debuxante de cómics e animador. É todo un orgullo poder contar con el.

Debido a cantidade de traballo para organizar a Comic, non tivemos moito tempo para falar de manga, que é o que nos gusta. Finalmente reunímonos este recreo. Temazo; Death Note. De seguro que este manga non deixará indiferente a ninguén. -O único que dixo que lle parecía un pouco lento foi Curro, o profesor, que gañou un merecido asubio-.

 Deixovos un enlace para que vexades en imaxes os mellores momentos da xuntaza no IES San Paio. Gracias, amigos!!!!!!!!!!!


lunes, 14 de enero de 2019

Sexta reunión do Club Manga


Resultado de imagen de death note

Despois das festas toca un pouco máis do Club Manga.

Foi un reencontro moi agradable, no que falamos en profundidade de Death Note.

Que persoaxes ten este manga! E que intriga!

J conta que non podía deixar de ler. Os demáis están de acordo. Como engancha!

Os nosos compeñeiros de Tui espérannos para unha xuntanza. Que nervios, volver a ver aos amigos!