Primeira reunión do club de lectura de cómic tradicional para adultos. Somos dez.
Nesta primeira reunión debatimos sobre que cómic imos ler primeiro. Só houbo unha proposta por parte do alumnado, que foi The Umbrella Academy, pero foi desestimada porque non é un cómic para adultos, senon, máis ben, unha historia de superheroes un tanto disfuncionais. Ainda que hai historias de superheroes para adultos, coma a maioría das revisións que se están a facer agora -o pioneiro foi Fran Miller con Batman-, non é o caso de The Umbrella Academy. Ademáis, agora están a botar a adaptación do cómic a serie en Netflix e algúns dos participantes no club xa a viron e prefiren algo completamente novo para eles.
Outro problema importante que temos para elexir un cómic é o idioma. En galego non hai moitos cómics con certa calidade -nin de producción propia, nin traduccións-. Ao final optamos por Persépole.
No hay comentarios:
Publicar un comentario