Seguimos a comentar Death Note. Poucos mangas acadan a tensión coma este. Curro insiste en que pérdese un pouca a tensión polo lento que é, cantidade de viñetas adicadas a reflectir os pensamentos das personaxes. D sostén que, sen eses pensamentos, o manga non tería sentido, porque trátase do enfrentamento entre dúas mentes privilexiadas. Os seus pensamentos reflicten as estratexias de cada un. R di que no anime eso é máis rápido. Curro queíxase: Xa estamos outra vez co anime. Compremetémonos a rematar o manga e. ao facelo, veremos o anime para comprar.
lunes, 25 de febrero de 2019
martes, 19 de febrero de 2019
5 reunión do club de fantasía
Os temas tratados hoxe foron:

- Similitudes entre O Hobbit e Os libros de Terramar Ursula K. Le Guin. Os dous están escritos seguindo o esquema da viaxe iniciática.
- O Hobbit e posteriormente O Señor dos Aneis creou toda unha mitoloxía que logo copiarían case todos os autores de fantasía épica. O alumnado non sabía que Tolkien non inventou nada, que era profesor de literatura medieval e que se limitou a recoller todas as lendas medievais célticas e a xuntalas na súa obra.
- Similitudes entre O Hobbit e Os libros de Terramar Ursula K. Le Guin. Os dous están escritos seguindo o esquema da viaxe iniciática.
- O Hobbit e posteriormente O Señor dos Aneis creou toda unha mitoloxía que logo copiarían case todos os autores de fantasía épica. O alumnado non sabía que Tolkien non inventou nada, que era profesor de literatura medieval e que se limitou a recoller todas as lendas medievais célticas e a xuntalas na súa obra.
Quinta reunión do club dos clásicos.
En xeral o libro gustou. "non é Mme Bovary", escoitouse dicir, pero, en termos xerais, gustou.
Os aspectos que máis nos chamaron a atención e do que estivemos a falar foi:
- O toque lixeiro que ten o libro, o que o fai moi doado de ler.
- É un libro que fai rir, o que non é doado de atopar.
Propónse como próxima lectura La Carretera de Cormac McCarthy. Curro avisa de que é exactamente o oposto a Estupor y Temblores. É un libro moi, moi duro. O club di que está preparado e que o quere ler, malia as observacións do profesor.
- Reflicte moi ben o choque de culturas. Neste punto houbo controversia, porque algunha das do club sinalou que a xefa da protoganista -cuxo nome en xaponés non son quen de recordar- ceelle moi mal, máis alá de que non poida entender a súa forma de entender a vida por ser xaponesa.
lunes, 18 de febrero de 2019
Sétima reunión do Club Manga
Debido a cantidade de traballo para organizar a Comic, non tivemos moito tempo para falar de manga, que é o que nos gusta. Finalmente reunímonos este recreo. Temazo; Death Note. De seguro que este manga non deixará indiferente a ninguén. -O único que dixo que lle parecía un pouco lento foi Curro, o profesor, que gañou un merecido asubio-.
Deixovos un enlace para que vexades en imaxes os mellores momentos da xuntaza no IES San Paio. Gracias, amigos!!!!!!!!!!!
martes, 12 de febrero de 2019
5ª reunión do club de cómic tradicional
Esta vez a reunión remata antes de que toque o timbre porque non hai moito que dicir.
Quedamos en ler Fun Home e ter lida a metade deste cómic para a próxima reunión.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)