lunes, 15 de octubre de 2018

Primeira reunión do club de lectura de clásicos da literatura.

madame bovary

Nesta primeira reunión formamos o grupo. Somos seis mulleres. Vaia sorpresa, non temos homes que len!

Decidimos ler Madamme Bovary de Gustave Flaubert. A edición elexida é a da Editorial Galaxia. O libro foi proposto por R, unha veterana dos nosos clubs de lectura. Seguro que non nos hai defraudar!

martes, 2 de octubre de 2018

Primeira reunión do club de lectura de cómic tradicional para adultos. Somos dez.
Nesta primeira reunión debatimos sobre que cómic imos ler primeiro. Só houbo unha proposta por parte do alumnado, que foi The Umbrella Academy, pero foi desestimada porque non é un cómic para adultos, senon, máis ben, unha historia de superheroes un tanto disfuncionais. Ainda que hai historias de superheroes para adultos, coma a maioría das revisións que se están a facer agora -o pioneiro foi Fran Miller con Batman-, non é o caso de The Umbrella Academy. Ademáis, agora están a botar a adaptación do cómic a serie en Netflix e algúns dos participantes no club xa a viron e prefiren algo completamente novo para eles.
Outro problema importante que temos para elexir un cómic é o idioma. En galego non hai moitos cómics con certa calidade -nin de producción propia, nin traduccións-. Ao final optamos por Persépole.

lunes, 1 de octubre de 2018

Primeira reunión do club de literatura fantástica.



Aquí estamos. Somos cinco.

Nesta reunión decidimos qué libros imos ler:

Empezamos polos  O libro de Terramar Ursula K. Le Guin e continuaremos co  Hobbit de Tolkien. Deixamos a terceira lectura para máis adiante.

Primeira reunión do Club Manga

tokyo
Hoxe tivemos a primeira reunión do Club Manga. Foi unha reunión moi especial, na que nos atopamos cos vellos amigos e tamén cos novos membros do noso club que chegramos este ano ao noso instituto. Benvido este alumnado de primeiro da ESO!
Nesta primeira reunión, ademáis dos reencontros e as benvidas, chegamos a varios acordos:
a) Este ano temos forzas para repetir de novo a Comic-con, coa colaboración dos nosos veciños do IES As Barxas. Debido a que hai unha empresa de Cádiz que ten rexistrado o nome “Comic-Con”, e que amenazáronnos con denunciarnos se empregábamos de novo ese nome, imos trocar o nome por Cómic Moaña 2019. Tanto os antigos membros do club, como os recén chegados, comprometéronse a traballar arreo para que todo volva a saír coma o ano pasado.
b) O manga que imos ler no primeiro trimestre é Tokyo Ghould. Malia que a mairía dos nosos veteranos xa o leron, considerouse que é un bó xeito para os novos de adentrarse no mundiño manga. Os alumnos que xa tiñan lido, din que estarán encantados de volvelo a ler.