Eu recomendaría ler este libro xa que é un clásico moi famoso. Pareceume moi interesante o punto de vista dun personaxe tan egoísta e odioso como Madame Bovary.
miércoles, 23 de enero de 2019
Madame Bovary (reseña de Rosa M,)
Eu recomendaría ler este libro xa que é un clásico moi famoso. Pareceume moi interesante o punto de vista dun personaxe tan egoísta e odioso como Madame Bovary.
miércoles, 16 de enero de 2019
4 reunión do club de fantasía
Esta foi unha reunión express porque tocou o timbre para facer o simulacro de evacuación en caso de incendio, así que apenas se tivemos tempo para falar. A nova novela que estamos lendo é o Hobbit, un clásico da fantasía. Pero, apenas estábamos empezando coa nosa reunión, tocou o timbre. Polo menos tivemos tempo de sacarnos unha foto cos libros que temos lido ata o de agora.
martes, 15 de enero de 2019
4ª reunión do club de cómic tradicional
Despois de Persépole, voltamos a carga con Maus.
Unha historia moi triste, pero que reflicte moi ben unha época terrible da historia de humanidade. Agás unha persoa, este cómic tivo moi boa acollida. Pero todos estamos de acordo en que non é Persépole. Non ten tantos matices. É normal, porque o autor tiña outra intención.
Quedamos para telo lido enteiro na próxima reunión.
lunes, 14 de enero de 2019
Sexta reunión do Club Manga
Despois das festas toca un pouco máis do Club Manga.
Foi un reencontro moi agradable, no que falamos en profundidade de Death Note.
Que persoaxes ten este manga! E que intriga!
J conta que non podía deixar de ler. Os demáis están de acordo. Como engancha!
Os nosos compeñeiros de Tui espérannos para unha xuntanza. Que nervios, volver a ver aos amigos!
viernes, 11 de enero de 2019
4ª reunión do club dos clásicos.
Xa temos todos lido Mme Bovary e todos estamos de acordo en que é unha obra capital da historia da literatura. Non é só que sexa un libro moi entretido, senon que ten algo especial. Os membros do club on saben dicir exactamente qué é iso diferente que ten, pero se nota. Pensan que é o que diferencia as grandes obras da literatura de consumo. Tal vez non sexan tan vibrantes, pero teñen algo que as fai especial. Que é? Quen o sabe? Dende Platón levamos intentando saber que é o que diferencia un texto literario dun que non o é e aínda non o sabemos.
No que non houbo acordo foi en se a protagonista e un exemplo de feminismo adiantado ao seu tempo ou é unha egoísta. Mellor que non haxa consenso. Tal vez esto sexa o que fai dunha obra unha obra maestra, que se abren a multitude de interpretancións.
Como Madame Bovary é un libro bastante longo, o alumnado propón ler un un pouco máis curto, xa que andarán liados coas lecturas obligatorias das diferentes asignaturas. G, unha rapaza nova no club, di que faláronlle moi ben de Estupor y Temblores, de Amelie Nothomb, e pide se o podemos ler. A todos lles parece unha boa idea.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)