Neste reunión tivemos un acalorado debate sobre a protagonista: é Emma Bovary unha adiantada do feminismo ou é unha egoísta. Houbo opinións para todo. Agardamos a rematar a novela a ver se cambian algúns puntos de vista e chegamos a un acordo -ou non. Deixamos a resposta para a volta das vacacións.
miércoles, 19 de diciembre de 2018
Terceira reunión do club de clásicos
Neste reunión tivemos un acalorado debate sobre a protagonista: é Emma Bovary unha adiantada do feminismo ou é unha egoísta. Houbo opinións para todo. Agardamos a rematar a novela a ver se cambian algúns puntos de vista e chegamos a un acordo -ou non. Deixamos a resposta para a volta das vacacións.
martes, 18 de diciembre de 2018
Persépole de Marjane Satrapi ,. Alba Santomé.
É un tipo de libro que non estou acostumada a ler e gustoume moito. Este libro reflicte as diferencias culturais que existen entre o mundo Occidental e Irán. Ademais amosa os cambios ideolóxicos e a disminución das libertades individuais coa imposición dun réxime totalitarista. Estou moi contenta coa lectura deste libro porque considero que aumentou a miña cultura, xa que é unha historia verídica que conta a experiencia persoal da autora.
lunes, 17 de diciembre de 2018
Quinta reunión do Club Manga.
Hoxe seguimos a preparar as actividades da Comic Moaña 2019. Pero a conversa rápidamente derivou hacia o derradeiro manga que limos no club. Moitos dos lectores veron o anime e entablouse un acalorado debate sobre si é mellor o mango ou o anime. Hai defensores das dúas posturas. O manga é moito máis detallado e explica mellor moitas cousas que no anime non quedan claras. Pero é difícil competir co opening da primeira tempada!O manga elexido para as Navidades é.....
DEATH NOTE
martes, 11 de diciembre de 2018
3ª reunión do club de cómic tradicional
Outra reunión para falar de Persépole, porque na última quedaron tantas cousas por comentar...
Todos estamos de acordo en que é un cómic moi rico, cheo de pequenos detalles. Falamos de papel da muller no Islam, da violencia, da intolerancia, da dificultade de adaptarse a un novo país, das raíces e da identificación coa nosa terra...
lunes, 10 de diciembre de 2018
Terceira reunión do club de fantasía
Os temas tratados nesta reunión foron;
- O protagonista é unha personaxe moi plana, pero ainda así funciona, porque o libro é moi divertido.
- Os libros de Terramar como un precursor do que será a posterior fantasía épica, sobre todo aquelas novelas que teñen como protagonistas a feiticeiros.
- Que é o que move aos personaxes a acción? E sempre facer o ben ou buscan acadar os seus intereses persoais?
Cuarta reunión do Club Manga
Derradeira reunión para falar de Tokyo Ghoul. É unha mágoa rematar xa este manga que tanto nos gustou. T recoñece que chorou coa morte de Shiji Michibata. A verdade é que en mortes de persoaxes míticos Tokyo Ghoul está servido. Pasamos a media hora do recreo falando destas mortes. É unha mágoa que se nos fosen persoaxes tan incríbles e carismáticos coma Matasaka Kamishiro, Hairu Ihei ou Kureo Mado. Quedamos en que na próxima reunión imos decidir qué manga lemos en Navidades.
lunes, 3 de diciembre de 2018
Terceira reunión do Club Manga
A lectura de Tokyo Ghoul avanza a toda velocidade! Os membros do club están entregados. Hoxe houbo outro acalorado debate sobre cal é a mellor persoaxe da saga. Ainda que estivo reñido, semella que Kaneki é o elexido, sobre todo entre as lectoras femininas.
Discutimos tamén as actividades que imos facer na Cómic Moaña 2019. Os rapaces xa están ansiosos!
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)