jueves, 15 de noviembre de 2018

Xuntanza dos clubs manga no IES Alexandre Bóveda

Velaquí podedes ver o vídeo desta inesquecible xuntanza:

https://www.youtube.com/watch?v=d3Le_trzPnk

Segunda reunión do club de clásicos da literatura.




Resultado de imagen de madame bovary editorial galaxiaNesta segunda reunión falamos da diferencia nos tempos da narración da literatura clásica e da literatura actual. Mme Bovary ten un comezo lento -ollo, lento non quere dicir que sexa aburrido-, mentres que a literatura actual avanza a toda velocidade. Semella que a literatura actual nas vinte primeiras páxinas ten que ter un asasinato, a chegada dun detective, un amorío e sabe Deus cantas cousas máis. Pola contra, a obra de Flaubert que estamos a ler conta tranquilamente os primeiros anos da vida da protagonista. Non hai estridencias, nin acontecementos extraordinarios. Isto non quere dicir que sexa aburrido. Todo o contrario. O lector engánchase, pero dun xeito diferente, máis repousado.

miércoles, 7 de noviembre de 2018

Segunda reunión do club de fantasía


Resultado de imagen de libro de terramar galego
Avanzamos na lectura de Os libros de Terramar de Ursula K. Le Guin.

Os temas dos que falamos foron:

- A viaxe iniciática como estructura narrativa en case todas as historias de fantasía épica.

- O papel da maxia nesta novela, e na fantasía épica en xeral.

- As novelas de fantasía épica son todas moi parecidas, pero nos gustan. Non chegamos á razón por qué.

martes, 6 de noviembre de 2018

2º reunión do club de cómic tradicional.

Resultado de imagen de persepole comic galegoEsta reunión deunos para falar de varios temas.

a) A revolución iraní.

b) Machismo.

c) Emigración.

E outros moitos que se quedaron por falar porque tocou o timbre.

Malia que todos os membros do club xa leron o còmic enteiro, quedamos para a próxima reunión e falar de Persépole, porque ten tantas cousas que comentar que nun recreo non chega.

lunes, 5 de noviembre de 2018

Segunda reunión do Club Manga

Resultado de imagen de tokyo ghoul

Segunda reunión do club na que estivemos a comentar os tres primeiros volúmenes de Tokyo Ghould. En xeral, a acollida deste clásico do manga foi moi boa. Varios dos veteranos consideran que é o mellor manga da historia, pero aquí houbo bastante polémica. Algúns creen que Hunter x Hunter é mellor e outros mantéñense fieles ao clásico One Piece. Sexa como sexa, no que semella haber unanimidade, é en que Tokyo Ghould é un manga imprescindible.

Empezamos a ter as primeiras dificultades de coordinación, xa que algúns lectores que se achegaban a esta obra por primeira vez, non puideron agardar e foron a biblioteca municipal de Quintela, colleron prestada a saga entera e xa a leron. Incríble!