miércoles, 19 de diciembre de 2018

Terceira reunión do club de clásicos

Resultado de imagen de emma bovary

Neste reunión tivemos un acalorado debate sobre a protagonista: é Emma Bovary unha adiantada do feminismo ou é unha egoísta. Houbo opinións para todo. Agardamos a rematar a novela a ver se cambian algúns puntos de vista e chegamos a un acordo -ou non. Deixamos a resposta para a volta das vacacións.

martes, 18 de diciembre de 2018

Persépole de Marjane Satrapi ,. Alba Santomé.

Resultado de imagen de persepole comic galegoPersépolis de Marjane Satrapi é una novela gráfica que conta a historia dunha rapaza iraní. Esta libro está dividido en catro longos capítulos e en cada un deles cóntanse todos os cambios que sofre a protagonista nas diferentes etapas da súa vida. Por exemplo, a súa infancia en Irán, a súa adolescencia en Europa...
É un tipo de libro que non estou acostumada a ler e gustoume moito. Este libro reflicte as diferencias culturais que existen entre o mundo Occidental e Irán. Ademais amosa os cambios ideolóxicos e a disminución das libertades individuais coa imposición dun réxime totalitarista. Estou moi contenta coa lectura deste libro porque considero que aumentou a miña cultura, xa que é unha historia verídica que conta a experiencia persoal da autora.

lunes, 17 de diciembre de 2018

Quinta reunión do Club Manga.


Hoxe seguimos a preparar as actividades da Comic Moaña 2019. Pero a conversa rápidamente derivou hacia o derradeiro manga que limos no club. Moitos dos lectores veron o anime e entablouse un acalorado debate sobre si é mellor o mango ou o anime. Hai defensores das dúas posturas. O manga é moito máis detallado e explica mellor moitas cousas que no anime non quedan claras. Pero é difícil competir co opening da primeira tempada!

O manga elexido para as Navidades é.....

DEATH NOTE

martes, 11 de diciembre de 2018

3ª reunión do club de cómic tradicional



Outra reunión para falar de Persépole, porque na última quedaron tantas cousas por comentar...

Todos estamos de acordo en que é un cómic moi rico, cheo de pequenos detalles. Falamos de papel da muller no Islam, da violencia, da intolerancia, da dificultade de adaptarse a un novo país, das raíces e da identificación coa nosa terra...

Resultado de imagen de persepole comic galegoOutra vez toca o timbre e non podemos rematar. Unha mágoa.

lunes, 10 de diciembre de 2018

Terceira reunión do club de fantasía


Resultado de imagen de libro de terramar galego
    Os temas tratados nesta reunión foron;

    - O protagonista é unha personaxe moi plana, pero ainda así funciona, porque o libro é moi divertido.

    - Os libros de Terramar como un precursor do que será a posterior fantasía épica, sobre todo aquelas novelas que teñen como protagonistas a feiticeiros.

    - Que é o que move aos personaxes a acción? E sempre facer o ben ou buscan acadar os seus intereses persoais?

Cuarta reunión do Club Manga

Derradeira reunión para falar de Tokyo Ghoul. É unha mágoa rematar xa este manga que tanto nos gustou. T recoñece que chorou coa morte de Shiji Michibata. A verdade é que en mortes de persoaxes míticos Tokyo Ghoul está servido. Pasamos a media hora do recreo falando destas mortes. É unha mágoa que se nos fosen persoaxes tan incríbles e carismáticos coma Matasaka Kamishiro, Hairu Ihei ou Kureo Mado. 

Quedamos en que na próxima reunión imos decidir qué manga lemos en Navidades. 

lunes, 3 de diciembre de 2018

Terceira reunión do Club Manga


Resultado de imagen de tokyo ghoul

A lectura de Tokyo Ghoul avanza a toda velocidade! Os membros do club están entregados. Hoxe houbo outro acalorado debate sobre cal é a mellor persoaxe da saga. Ainda que estivo reñido, semella que Kaneki é o elexido, sobre todo entre as lectoras femininas.

Discutimos tamén as actividades que imos facer na Cómic Moaña 2019. Os rapaces xa están ansiosos!

jueves, 15 de noviembre de 2018

Xuntanza dos clubs manga no IES Alexandre Bóveda

Velaquí podedes ver o vídeo desta inesquecible xuntanza:

https://www.youtube.com/watch?v=d3Le_trzPnk

Segunda reunión do club de clásicos da literatura.




Resultado de imagen de madame bovary editorial galaxiaNesta segunda reunión falamos da diferencia nos tempos da narración da literatura clásica e da literatura actual. Mme Bovary ten un comezo lento -ollo, lento non quere dicir que sexa aburrido-, mentres que a literatura actual avanza a toda velocidade. Semella que a literatura actual nas vinte primeiras páxinas ten que ter un asasinato, a chegada dun detective, un amorío e sabe Deus cantas cousas máis. Pola contra, a obra de Flaubert que estamos a ler conta tranquilamente os primeiros anos da vida da protagonista. Non hai estridencias, nin acontecementos extraordinarios. Isto non quere dicir que sexa aburrido. Todo o contrario. O lector engánchase, pero dun xeito diferente, máis repousado.

miércoles, 7 de noviembre de 2018

Segunda reunión do club de fantasía


Resultado de imagen de libro de terramar galego
Avanzamos na lectura de Os libros de Terramar de Ursula K. Le Guin.

Os temas dos que falamos foron:

- A viaxe iniciática como estructura narrativa en case todas as historias de fantasía épica.

- O papel da maxia nesta novela, e na fantasía épica en xeral.

- As novelas de fantasía épica son todas moi parecidas, pero nos gustan. Non chegamos á razón por qué.