Aquí vos deixo o vídeo. É unha mágoa que o alumnado de 1 ESO C e D non puideran vir, pero nestas datas, cos exames, é compricado. O mesmo lle sucedeu aos veteranos do club.
A Poza da Moura
Blog do club de lectura do IES Plurilingüe A Paralaia
miércoles, 12 de junio de 2019
9 reunión do club de fantasía
Aquí vos deixo o vídeo. É unha mágoa que o alumnado de 1 ESO C e D non puideran vir, pero nestas datas, cos exames, é compricado. O mesmo lle sucedeu aos veteranos do club.
miércoles, 29 de mayo de 2019
Estupor y temblores (reseña por Laura R.)
Este libro gustoume moito porque fíxome rir e pasar un bo rato lendo, ademáis diso, aprendín un pouco da cultura xaponesa. Recomendo ler este libro para a xente que lle guste rir e aprender máis sobre outra cultura.
lunes, 27 de mayo de 2019
La carretera (reseña por Geli L.)
RESUMEN:
O libro trata sobre a viaxe emprendida entre un pai e un fillo en busca da súa salvación a cal é a costa, nun lugar desolado e apocalíptico. A súa vida vese ameazada pola presenza de caníbales e a falta de alimento, o único que teñen é o un ao outro.
OPINIÓN PERSOAL:
O libro gustoume moito, aínda que é unha historia moi dura e con momentos bastante crudos, representa o amor e do que é capaz de facer un pai polo seu fillo. Non só é unha historia de supervivencia, senón que tamén unha historia na que o máis importante é a esperanza. Unha esperanza na cal o pai trata que o seu fillo se aferre
Foi un libro un poco difícil de ler, porque imaxinar a un neno nesa situación é moi doloroso, pero o que realmente me atrapou foi a manera de escribir do autor. E é un libro que recomendaría a calquera.

lunes, 20 de mayo de 2019
12ª reunión do club manga.
Última reunión do ano. Xa chegan os exames e temos que adicarlle máis tempo aos estudos e un pouco menos a ler manga.
Curro troúxonos moitas camisetas de agasallo con motivos de Marvel, Pokemon, Street Fighter, etc...
Regaloullelas para nós un amigo que é diseñador de moda e que veu a Comic Moaña cos seus fillos.
Esta é unha reunión un pouco triste porque é a última. Moito debate filosófico a partires e Ghost in the Shell. Os pequenos din que eles hai cousas que non entenderon. Curro di que el tampouco. Os maiores as explican y segue o debate. Menos mal que toca o timbre para voltar a clase, porque poderíamos estar falando ata mañán. E iso que esta vez non saiu o tema do anime ou da película.
martes, 14 de mayo de 2019
8ª Reunión do club dos clásicos
Tamén fixemos unha reflexión sobre a personalidade de Padre. Neste mundo postapocalíptico onde as persoas perden a humanidade, o único que lle resta a Padre, e que o mantén como humano, é o amor polo seu fillo. Neste sentido é moi significativo o contraste coa nai e a escena onde lle recrimina ao seu marido que lles salvase a vida, perde a esperanza de atopar un lugar onde vivir a salvo e marcha sola cara o suicidio.
Novelón.
lunes, 13 de mayo de 2019
8 reunión do club de fantasía
Queda fixada a data para falar con Iria e Luz. Será o seis de xuño.
lunes, 6 de mayo de 2019
Cómic Moaña 2019
Unha fin de semana inesquecible. Outra máis e xa van tres. Noraboa a todos os organizadores e gracias a todos os nosos amigos que viñeros para compartir esta experiencia con nós.
Gracias Víctor Gómez por quedarte tanto tempo con nós falando de cómics e ensinándonos tantos trucos para debuxar. Es un tío xenial.
Velaí tedes o vídeo.
Gracias Víctor Gómez por quedarte tanto tempo con nós falando de cómics e ensinándonos tantos trucos para debuxar. Es un tío xenial.
Velaí tedes o vídeo.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)